NATURAIS 5º APARATO EXCRECTOR

APARATO EXCRECTOR

O aparato excrector é o conxunto de órganos e conductos que se encargan de expulsar do corpo as sustancias de refugallo que este produce. Esta función realizaa en gran medida o aparato urinario, que está formado principalmente polos riles, os uréteres, a vexiga e a uretra.

OS RILES

Os riles son dous órganos en forma de xudía encargados de filtrar o sangue e reter as substancias de refugallo. Estas substancias mestúranse con auga e un pouco de sal e forman os ouriños. 

OS URÉTERES, A VEXIGA E A URETRA

Os uréteres son uns tubos que saen de cada ril polos que pasan os ouriños ata chegar á vexiga. A vexiga é un órgano musculoso baleiro onde se almacenan os ouriños. A uretra é un tubo que vai dende a vexiga ata o exterior do corpo. Permiite expulsar os ouriños.

A EXCRECIÓN E A PEL

A pel tamén realiza unha función excrectora, pois axuda aos riles a limpiar o sangue e faino mediante a suor; un líquido rico en auga, sal e sustancias de refugallo.

A DIÁLISE

Hai persoas ás que non lles funcionan ben os riles e precisan a axuda dunha máquina de diálise para limpiar o sangue de substancias de refugallo. Grazas a esta máquina é posible limpiar o sangue de residuos de pacientes que presentan problemas de excretación. En 1943 deseñouse a primeira máquina de diálise.

Comentarios

Entradas populares de este blog

NATURAIS 5º APARATO RESPIRATORIO

Mi Blog