NATURAIS 5º APARATO RESPIRATORIO
APARATO RESPIRATORIO
Está formado por un conxunto de órganos mediante as cales introducimos o dióxido de carbono. Consta das dúas vías respiratorias e os pulmóns.
VÍAS RESPIRATORIAS
Son uns conductos que comunican o nariz e a boca aos pulmóns. Estas vías son as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios. A traquea é un tubo polo que pasa o aire. Comeza na larinxe e divídese en dous formando os bronquios. Cada bronquio transporta o aire ao seu pulmón.
PULMÓNS
Son dous órganos grandes moi exponxosos protexidos pola caixa torácica. O osíxeno do aire pasa dos pulmóns ao sangue. Asemade, o dióxido de carbono do sangue pasa aos pulmóns e os pulmóns expúlsano ao exterior a través das vías respiratorias.
COMO RESPIRAMOS
Prodúcese en inspiración y expiración:
INSPIRACIÓN: É cando tomamos aire pola nariz ou boca grazas ao diafragma.
EXPIRACIÓN: O diafragma sube, os pulmóns encóllense e expulsan o aire pola nariz ou a boca.
HIXIENE DA RESPIRACIÓN
Para evitar enfermidades da respiración, o aire que respiramos debe estar limpo.
MEDIDAS:
- Evitar espazos mal ventilados.
- Practicar exercicio físico.
- Evitar a contaminación.
TABACO
O fume do tabaco contén gases tóxicos como o monóxido de carbono, e substancias que provocan cancro, coma o alcatrán. O fume do tabaco perxudica ao fumador e aos que se encontran no seu arredor, fumadores pasivos.
Comentarios
Publicar un comentario