NATURAIS 5º APARATO EXCRECTOR
APARATO EXCRECTOR O aparato excrector é o conxunto de órganos e conductos que se encargan de expulsar do corpo as sustancias de refugallo que este produce. Esta función realizaa en gran medida o aparato urinario, que está formado principalmente polos riles, os uréteres, a vexiga e a uretra. OS RILES Os riles son dous órganos en forma de xudía encargados de filtrar o sangue e reter as substancias de refugallo. Estas substancias mestúranse con auga e un pouco de sal e forman os ouriños. OS URÉTERES, A VEXIGA E A URETRA Os uréteres son uns tubos que saen de cada ril polos que pasan os ouriños ata chegar á vexiga. A vexiga é un órgano musculoso baleiro onde se almacenan os ouriños. A uretra é un tubo que vai dende a vexiga ata o exterior do corpo. Permiite expulsar os ouriños. A EXCRECIÓN E A PEL A pel tamén realiza unha función excrectora, pois axuda aos riles a limpiar o sangue e faino mediante a suor; un líquido rico en auga, sal e sustancias de refugallo. A DIÁLISE Hai persoas ás ...